Desde a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, creamos un mini conto sobre o coronavirus cun xogo, este conto é formato vídeo, accesible para todos e todas, conta con ilustracións infantís, con voz e con interpretación en lingua de signos.Neste vídeo propoñémoslle aos mais peques un pequeno xogo para que o fagan na casa, é moi sinxelo, é un debuxo e que lle poña a […]
Memorias e contas 2017/2018
Dende aquí poderás descargar os diferentes informes: 2017 Contas 2017 Memoria 2017 2018 Contas 2018 Memoria 2018
Mulleres Xordas Visibles. Ciclo Inclusivo de Cine Subtitulado
Co gallo das conmemoracións do Día da Muller, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) organiza o Ciclo Inclusivo de Cine Subtitulado “Mulleres Xordas Visibes” en colaboración coa Biblioteca Municipal de Ferrol ao longo deste mes de marzo. A apertura tivo lugar o 9 de marzo ás 17:00 horas na Biblioteca Municipal de Ferrol, coa película “En tierra de hombres”. Seguidamente, os días […]
SignaEduca!
Proxecto de Introdución á Lingua de Signos e orientación educativa na infancia Ao longo do 2018, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra desenvolverá as actividades previstas en SignaEduca, na procura da eliminación das barreiras lingüísticas que dificultan a comunicación con nenos e nenas xordos/as, promovendo o seu máximo desenvolvemento cognitivo, emocional e lingüístico, así como, a plena inclusión social, […]
OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA DE SIGNOS
Datas: luns 11 e xoves 14 de decembro Horario: 16:30 a 18:30 horas Lugar: Antigo Hospicio, na r/Méndez Nuñez 11 de Ferrol Entrada de balde previa inscrición (maiores de 18 anos) Para apuntarte, envía o teu nome, apelidos e teléfono a cursoslse@axferrolterra.org ou chama ao 981 351 156
Celebracións do 45º aniversario da AXF 1972-2017
FOTOS 45 aniversario AXF
45º aniversario da AXF
¡ÚLTIMOS DÍAS para apuntarte ás celebracións do 45º aniversario da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol! Danza, poesía e moito humor, a partir das 16:45 horas do 4 de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. E ás 21:00 horas contamos contigo para a Cea de Gala no Gran Hotel de Ferrol. Programa das actividades *Ampliación do prazo de […]
Actividades e contas de 2016
AXF, declarada de Utilidade Pública, co obxectivo de cumprir coa Lei de Transparencia presenta as memorias de actividades e contas do ano 2016.
Actividades deste mes de setembro
Conmemoración do 10º aniversario do recoñecemento da Lingua de Signos en España.