Proxecto de Introdución á Lingua de Signos e orientación educativa na infancia
Ao longo do 2018, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra desenvolverá as actividades previstas en SignaEduca, na procura da eliminación das barreiras lingüísticas que dificultan a comunicación con nenos e nenas xordos/as, promovendo o seu máximo desenvolvemento cognitivo, emocional e lingüístico, así como, a plena inclusión social, mentres que se promove unha ferramenta pedagóxica básica nos nenos e nenas oíntes.
Grazas á colaboración da Consellería de Economía. Emprego e Industria, co apoio financeiro do Fondo Social Europeo, levaremos a cabo a contratación dun ou dunha traballador/a incluído no Programa Operativo de Emprego Xuvenil.