PERSOA XORDA

Unha persoa xorda é aquela con unha perda auditiva total ou parcial que na súa vida cotiá atopa barreiras de comunicación.

01.

COLECTIVO

A comunidade xorda é un colectivo, formado por persoas xordas e oíntes, que participa duns valores culturais e lingüísticos construídos ao redor da lingua de signos e a unha concepción visual do mundo.

02.

XORDOMUDO/A

Outrora, e por desgraza tamén na actualidade, a sociedade refírese ás persoas xordas como “ xordomudos/ as”, un concepto anticuado ademais de ser un termo despectivo e molesto para a comunidade xorda.

03.

DISCRIMINACIÓN

Antigamente críase que as persoas xordas non podían falar polo feito de ser xordas, en consecuencia, eran inferiores ás persoas oíntes e atopábanse discriminadas e marxinadas polo simple feito de non comunicarse de forma oral.​

04.

PREXUIZOS

Hai moitas ideas erróneas e prexuízos respecto a as persoas xordas, como crer que todas dominan a lectura labial. Isto é unha crenza falsa e amplamente estendida.

05.

LECTURA LABIAL

A lectura labial pódese aprender, pero nas persoas xordas resulta máis unha estratexia de adaptación ao mundo oínte pois son poucas as persoas oíntes que saben lingua de signos, por tanto, case de forma obrigada teñen que recorrer á lectura labial para tentar comprender o que unha persoa oínte quérelles dicir.

Desde a  AXF velamos polos dereitos das persoas xordas e non deixaremos de traballar ata que os nosos dereitos estean garantidos en todos os ámbitos da vida.