Somos

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), e unha organización non gubernamental, sen ánimo de lucro, que nace en 1972 como punto de encontro das persoas xordas da comarca de Ferolterra. En 1974, foi declarada de Utilidade Pública, afianzándose como o único recurso específico comarcal para as persoas xordas. Posteriormente afiliada á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), á Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE), á Unión Europea de Personas Sordas (EUD) e á Federación Mundial de personas sordas (WFD)

Misión

Alcanzar a plena igualdade e inclusión social das Persoas Xordas a través do seu empoderamento persoal, a eliminación de barreiras de comunicación, en condicións de accesibilidade universal e tódalas accións que procuren o seu pleno desenvolvemento na comunidade.

Visión

Representar á comunidade xorda, sendo un referente na intervención social, psicolóxica, educativa, laboral, xurídica ou cultural; defensora da Lingua de Signos e da inclusión do colectivo como membros participes da sociedade xeral.

obxetivos

Horario de atención

Inverno: (do 1 de outubro ao 31 de maio)

  • Luns a Venres de 9:30 a 15:00
  • Martes e Xoves de 16:30 a 18:30

Verán:(do 1 de xunio ao 30 de setembro)

  • Luns a Venres de 9:30 a 15:00