¿ Qué E ?

A Lingua de Signos é a lingua natural da comunidade xorda. Na súa conformación interveñen factores históricos, culturais, lingüísticos e sociais.

Desde un punto de vista lingüístico, cumpre cos criterios universais da linguaxe e presenta as mesmas funcións que calquera outra lingua. A única diferenza entre as linguas de signos e as linguas orais é a canle de transmisión. Mentres que as linguas orais transmítense a través dunha canle  auditivo-oral, as linguas de signos transmítense a través da canle viso-xestual.

Actualmente, a lingua de signos española, do mesmo xeito que as demais linguas de signos, é unha lingua minoritaria e durante toda a historia foi e é unha lingua  minorizada, foi marxinada e mesmo prohibida. É por isto, que non todas as persoas xordas e/ou con discapacidade  auditiva son  signantes pois, moitas se educaron baixo o método  oralista que non permite o uso da lingua de signos como lingua natural, obrigando ás persoas xordas a comunicarse mediante unha lingua oral e, en consecuencia, adquiriron a lingua de signos moi tarde, o que afecta o seu desenvolvemento e inclusión.

2007

Recoñecemento

En España, no ano 2007, apróbase a lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e regúlanse os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e sordociegas.

2010

CNLSE

No ano 2010 constituíuse O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española ( CNLSE) un centro asesor e de referencia en lingua de signos española cuxo obxectivo é traballar pola normalización da lingua de signos española, actuando como un espazo de referencia e difusión que vele polo seu bo uso e contribúa a garantir os dereitos lingüísticos das persoas usuarias desta lingua, e impulse accións de investigación.

Hoxe

Linguaxe de Signos

Na actualidade, moitas persoas utilizan o termo “linguaxe de signos” pero debemos aclarar que cando nos referimos ao sistema de signos que conforman un idioma, debemos utilizar o termo “lingua”. A linguaxe é a capacidade que presentan os seres humanos para poder comunicarse. O feito de tratar a todos os idiomas como linguas excepto ás linguas de signos, provoca unha desvalorización, discriminación e minorización dunha lingua minoritaria.

Desde a AXF traballamos por difundir, apoiar, coidar e preservar a lingua de signos, esperamos e desexamos que vós vos animedes a aprender e apoiar esta lingua tan valiosa.