SENSIBILIZACIÓNS

As nosas sensibilizacións son gratuítas e teñen como obxectivo concienciar e sensibilizar á sociedade oínte sobre a diversidade das persoas xordas e o valor da  LSE.

Que aprenderás ou conseguirás neste taller?

A metodoloxía é participativa, divertida e dinámica, con casos prácticos segundo o ámbito ao que nos diriximos. Dura aproximadamente unha hora e inclúe un test inicial, información, xogos e mesmo iniciación práctica á  LSE.

Na actualidade, seguen existindo moitos conceptos erróneos sobre a comunidade xorda e prexuízos sobre a lingua de signos española ( LSE). Por exemplo:

¿As persoas xordas poden falar? ¿A lingua de signos é universal? ¿As persoas xordas poden conducir?

Tes dúbidas? Non te preocupes, contacta connosco  e facilitarémosvos a organización da sensibilización gratuíta que se adapte ás vosas necesidades.

Calquera empresa, centro escolar ou entidade pública ou privada, pode solicitar os nosos talleres, charlas ou contacontos, para así colaborar na eliminación das barreiras de comunicación e facendo o seu lugar de traballo máis accesible.

Máis información

Chámanos

981 35 11 56

Escríbenos

604 07 02 52

Email

info@axferrolterra.org

Se queres mellorar a túa formación e ampliar o teu currículo aprendendo Lingua de Signos, ¡non o dubides e apúntate ós nosos cursos!

Máis información

Chámanos

981 35 11 56

Escríbenos

604 07 02 52

Email

info@axferrolterra.org

Se queres mellorar a túa formación e ampliar o teu currículo aprendendo Lingua de Signos, ¡non o dubides e apúntate ós nosos cursos!