Mini Conto sobre o Coronavirus en Lingua de Signos

Desde a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, creamos un  mini  conto sobre o coronavirus cun xogo, este  conto é formato vídeo, accesible para todos e todas, conta con ilustracións infantís, con voz  e con interpretación en lingua de signos.Neste vídeo propoñémoslle aos mais peques un pequeno xogo para que o fagan na casa, é moi sinxelo, é un debuxo e que lle poña a frase #yomequedoencasa, que os papas nos envíen unha foto por whatssap ao 604 07 02 52 ou ao correo:  info@axferrolterra.org, que nos poñan o nome do neno ou nena, idade e concello no que vive,os subiremos ás nosas redes sociais,  cando todo isto acabe, realizaremos unha exposición con todos os debuxos.Damos grazas  ás  nosas traballadoras Irene Vázquez a nosa interprete por signar o vídeo, a Antía Rodríguez a nosa mediadora comunicativa por poñer a voz e a nosa coordinadora de voluntariado María López por crear o  conto e a montaxe.

https://youtu.be/Tb6R9ZbenbE