SignaVerán 2023

Desde a AXF ofertamos o noso taller infantil de Lingua de Signos “SignaVerán”, con este tipo de talleres queremos sensibilizar aos máis pequenos sobre a necesidade da lingua de signos para unha comunicación máis  inclusiva para todos e todas.

A Lingua de Signos combina os xestos e a expresión facial, dous elementos crave da comunicación interpersoal.

O seu coñecemento permíteche desenvolver as habilidades comunicativas coas que desenvolver sen problema  calquera situación e mesmo mellorar a túa habilidade de falar en público.

Teremos un primeiro grupo de idades comprendida entre os 4 e 8 anos, todos os martes desde o 9 ata o 23 de Xullo.

E un segundo grupo de idades comprendida entre 9 e 13 anos, todos os mércores desde o 10 ata o 24 de Xullo.

 O horario sería de 11:00 a 13:00 no noso local.

Este taller ten un custo de 30€ por neno/a.

O prazo para apuntarse ata o 21 de xuño, podedes atopar o formulario de inscrición nas nosas redes sociais 

Inscrición SignaVerán 2024

Para calquera información chamarnos ao 981 35 11 56 ou mandar un 

WhatsApp ao  604 07 02 52.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *