Desde a AXF ofertamos o noso obradoiro de Lingua de Signos para adultos, con este tipo de talleres queremos sensibilizar sobre a necesidade da lingua de signos para unha comunicación máis inclusiva para todos e todas.
A Lingua de Signos combina os xestos e a expresión facial, dous elementos crave da comunicación interpersoal.
O seu coñecemento permíteche desenvolver as habilidades comunicativas coas que desenvolver sen problema calquera situación e mesmo mellorar a túa habilidade de falar en público.
Todos os mércores desde o 2 ao 30 de outubro, teremos dúas franxas horarias ou de mañá de 11:30 a 13:30 ou de tarde de 17:00 a 19:00, o custo do curso é de 50 € persoa.
O prazo para apuntarse antes do 30 de setembro, podedes atopar o formulario de inscrición nas nosas redes sociais
Para calquera información chamarnos ao 981 35 11 56 ou mandar un WhatsApp ao 604 07 02 52