SignaVerán 2022

Desde a AXF ofertamos o noso taller infantil de Lingua de Signos “SignaVerán”, con este tipo de talleres queremos sensibilizar aos máis pequenos sobre a necesidade da lingua de signos para unha comunicación máis  inclusiva para todos e todas.

A Lingua de Signos combina os xestos e a expresión facial, dous elementos crave da comunicación interpersoal. O seu coñecemento permíteche desenvolver as habilidades comunicativas coas que desenvolver sen problema  calquera situación e mesmo mellorar a túa habilidade de falar en público.

Teremos un primeiro grupo de idades comprendida entre os 7 e 12 anos, todos os mércores desde o 6 de xullo ata o 3 de agosto. E un segundo grupo de idades comprendida entre 3 e 6 anos, todos os xoves desde o 7 de xullo ata o 4 de agosto. O horario sería de 11:30 a 13:30 no noso local.

Este taller ten un custo de 50€ por neno/a.

O prazo para apuntarse ata o 26 de xuño, podedes atopar o formulario de inscrición nas nosas redes sociais Inscrición SignaVerán 2022

Para calquera información chamarnos ao 981 35 11 56 ou mandar un  WhatsApp ao  604 07 02 52.

Compartir:

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on skype
Share on whatsapp
Share on email
Share on telegram

Articulos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artículos relacionados