SempreSigna

FOIE2022/ Proxecto para a eliminación de barreiras. Posúe liñas de actuación adicadas a favorecer a independencia das persoas xordas, así como a inclusión destas na poboación:

  • Capacitación persoas xordas:
    • Obradoiro da adquisición de habilidades básicas e coñecementos para a accesibilidade á informática e o manexo de novas tecnoloxías.
    • Obradoiro uso do Smartphone e obradoiro de ciber seguridade.
  • Formación persoas oíntes:
    • Obradoiros de Lingua de Signos, para que así diminúa, ou polo menos non incremente, a brecha existente entre as persoas xordas e as persoas oíntes.
  • Formación para persoas tanto oíntes como xordas:
    • Acción informativas, de divulgación e de consulta mediante vídeos signados de temáticas variadas: sanitaria, cultural, ou outras temáticas de interese para as persoas usuarias.
    • Obradoiros de adquisición de habilidades, ferramentas e coñecementos para o manexo das novas tecnoloxías e a elaboración de contidos por parte das persoas usuarias.

Foi concedido un importe de 1.339,31€ co que se financiou o 67,45% do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *