O libro de “Azul es peregrino” xa á venta

“Azul es Peregrino”, é un dos poucos contos infantís sobre o Camiño Inglés, que pretende dar a coñecer aos máis pequenos o Camiño de Santiago, a cultura da nosa terra e as tradicións dos peregrinos.

Protagonizado por Azul, un cachorro xordo que emprende o camiño desde Ferrol, e que achegará aos máis pequenos á Lingua de Signos, mentres que ademais aprenden valores como o respecto, a amizade e a empatía.

Colabora coa AXF facendo que Azul chegue aos peques por 7€.

Os libros témolos á venda no local da AXF. Se queredes máis información enviarnos un correo a: info@axferrolterra.org ou chamar ao 981 35 11 56 ou enviar un Whatsapp ao 604 07 02 52

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *