FOAXE-P2024/ Servizo de Interpretación de Lingua de Signos, SILSE.
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) ten como misión principal fomentar a plena igualdade e independencia das Persoas Xordas a través da eliminación de barreiras comunicativas e todas aquelas accións que procuren o seu pleno desenvolvemento como membros/as activos/as da sociedade. Para isto, as actividades e servizos empregados, están orientados á promoción de servizos e actividades para as Poboación Xorda e as súas familias, a facilitación no acceso á información, mediante a súas transmisión signada e a representación do colectivo, ademais de promover a Lingua de Signos na poboación xeral.:
- Servizo de Interpretación de Persoas Xordas:
A Deputación da Coruña financia gran parte do Servizo de Interpretación (que inclúe o servizo de información e a asesoría xurídica), isto fai posible o traballo a ámbito comarcal. Da mesma maneira, coa aportación do Concello de Ferrol pódese cubrir o mantemento da entidade e cumprimentar o resto de gastos do Servizo de interpretación. Finalmente o Concello de Narón cofinancia tamén este servizo. - Atención á Comunidade Xorda:
– Servizo de Información
– Servizo de Intervención Socioeducativa.
– Asesoría Xurídica - Lingua de Signos e Cultura Xorda:
– Cursos e obradoiros de Lingua de Signos para persoas adultas oíntes.
– Cursos e obradoiros de Lingua de Signos para a poboación infantil. - Outras actividades:
– Actividades de sensibilización na Cultura Xorda e Lingua de Signos.
– Outros eventos. - Departamento de proxectos:
– Deseño e avaliación dos proxectos, e xestión das subvencións da entidade.
Foi concedido un importe de 17.340,00€ co que se financiou o 56,04% do proxecto.