Eliminación De Barreiras

FOAXE-P2023/ Servizo de Interpretación de Lingua de Signos, SILSE.

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) ten como misión principal fomentar a plena igualdade e independencia das Persoas Xordas a través da eliminación de barreiras comunicativas e todas aquelas accións que procuren o seu pleno desenvolvemento como membros/as activos/as da sociedade. Para isto, as actividades e servizos empregados, están orientados á promoción de servizos e actividades para as Poboación Xorda e as súas familias, a facilitación no acceso á información, mediante a súas transmisión signada e a representación do colectivo, ademais de promover a Lingua de Signos na poboación xeral.:

  1. Servizo de Interpretación de Persoas Xordas:
    A Deputación da Coruña financia gran parte do Servizo de Interpretación (que inclúe o servizo de información e a asesoría xurídica), isto fai posible o traballo a ámbito comarcal. Da mesma maneira, coa aportación do Concello de Ferrol pódese cubrir o mantemento da entidade e cumprimentar o resto de gastos do Servizo de interpretación. Finalmente o Concello de Narón cofinancia tamén este servizo.
  2. Atención á Comunidade Xorda:
    – Servizo de Información
    – Servizo de Intervención Socioeducativa.
    – Asesoría Xurídica
  3. Lingua de Signos e Cultura Xorda:
    – Cursos e obradoiros de Lingua de Signos para persoas adultas oíntes.
    – Cursos e obradoiros de Lingua de Signos para a poboación infantil a través de SignaEduca!
  4. Outras actividades:
    – Actividades de sensibilización na Cultura Xorda e Lingua de Signos.
    – Outros eventos.
  5. Departamento de proxectos:
    – Deseño e avaliación dos proxectos, e xestión das subvencións da entidade.

Foi concedido un importe de 18.615,00€ co que se financiou o 56,04% do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *