Eles xa son libres para signar. E ti?
Neste vídeo de sensibilización que realizamos participaron representantes políticos da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña , Concello, grupos político e colexios da comarca C.E.I.P. O Ramo, C.E.I.P. Recimil, C.E.I.P. Pazos, C.P.R. Santiago Apóstol, C.P.R. Santa Juana de Lestonnac, C.E.I.P. José María Lage
“Libres para elixir, libres para signar”
Aquí tedes o vídeo: https://cutt.ly/iJ9gz8G
Durante a mañá tivemos unha recepción no Concello de Ferrol, onde colgamos a nosa bandeira do DNLSE.

Durante a tarde tivemos unha recepción no Concello de Narón e máis tarde estivemos na praza da Gándara realizando unha sensibilización sobre a Lingua de Signos.

Grazas a todas as persoas que nos apoiastes neste día.