Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

Unha xornada para celebrar a diversidade e avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva O pasado Día Nacional das Linguas de Signos Españolas (DNLSE) foi unha xornada chea de significado, compromiso e emoción. Unha data crave para recoñecer o valor das linguas de signos e o seu papel fundamental na construción dunha sociedade máis accesible e inclusiva.

Tivemos a honra de contar coa presenza de Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, así como coa participación institucional de representantes de diferentes concellos e grupos políticos, aos que agradecemos profundamente o seu apoio:

  • José Manuel Rey, alcalde de Ferrol
  • Rosa Martínez, concelleira de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol
  • Román Romero, concelleiro de Facenda do Concello de Narón
  • Nerea Purriños, representante de Ferrol en Común
  • Olaia Ledo, representante do BNG de Narón
  • Germán Castrillón, representante do PP de Narón
  • Silvia de Arriba, representante do PSOE de Narón

Grazas pola vosa presenza e compromiso cos dereitos das persoas xordas e xordocegas. A vosa participación reforza o camiño cara a unha sociedade máis igualitaria, accesible e diversa.

Recoñecementos “Deaf Friendly” 🎖️

Este ano quixemos dar un paso máis aló, recoñecendo a aquelas entidades e persoas que destacan polo seu compromiso coa lingua de signos e coa inclusión. Así, entregamos o selo “Deaf Friendly” a:

  • CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles, polo seu exemplo na promoción da lingua de signos e da inclusión educativa.
  • Asociación Sociocultural ASCM, polo seu apoio constante e traballo colaborativo na visibilización da comunidade xorda e xordocega.
  • Íñigo Sanjuán Dorrio, por integrar a lingua de signos na formación de monitores de tempo libre, contribuíndo a unha educación máis inclusiva.
  • ASPANAES, polo seu apoio na celebración do DNLSE e o seu compromiso coa accesibilidade.

Rosa Echevarría, presidenta de I’tics, por dar visibilidade ás persoas xordas nos ámbitos cultural, turístico e social.

Grazas por sumar 🥰🥰

A todas as persoas que participastes nesta xornada: grazas por estar, por apoiar, por visibilizar e por crer nunha sociedade sen barreiras.
Cada xesto conta. Cada palabra e cada presenza constrúe inclusión.

Seguimos a traballar xuntas e xuntos polos dereitos e a visibilidade das persoas xordas e xordocegas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *