O Servizo de Interpretación de Lingua de Signos Española (SILSE) facilita os medios para a eliminación de barreiras comunicativas entre Persoas Xordas e persoas oíntes, proporcionando un vehículo de comunicación que favoreza a independencia e calidade de vida da Persoa Xorda, para tomar as súas propias decisións e, en xeral, manter comunicaciones coas persoas oíntes.
O SILSE é un servizo gratuíto para socios/as e non socios/as de toda a comarca, dirixido a Persoas Xordas, Xordocegas ou con outras discapacidades auditivas, e ás súas familias.
Tamén poden solicitalo entidades privadas ou administracións públicas. Para solicitar o SILSE para a cobertura de actividades formativas, lúdicas, actos ou calquera servizo extraordinario desde unha entidade pública ou privada, solicita orzamento