SignaEduca! Proxecto de Introdución á Lingua de Signos e orientación Educativa na Infancia

Desde setembro de 2018, e ao longo do ano 2019 até o mes de abril, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra está a desenvolver as actividades previstas en SignaEduca, na procura da eliminación das barreiras lingüísticas que dificultan a comunicación con nenos e nenas xordos/as, promovendo o seu máximo desenvolvemento cognitivo, emocional e lingüístico, así como, a plena inclusión social, mentres que se promove unha ferramenta pedagóxica básica nos nenos e nenas oíntes. Grazas á colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, co apoio financeiro do Fondo Social Europeo, levaremos a cabo a contratación dunha traballadora incluída no Programa Operativo de Emprego Xuvenil, co obxectivo de planificar as actividades do proxecto, concertar as citas cos centros educativos, organizar os obradoiros e proporcionar o material documental necesario.