Atención á Comunidade Xorda

A Axente de Desenvolvemento da Comunidade Xorda coordina os servizos e actividades da AXF, converténdose na canle de entrada principal á asociación do usuario/a. Entre as demandas máis relevantes destacan:

  1. Información sobre a aprendizaxe da Lingua de Signos e a Cultura Xorda
  2. Asesoramento das innovacións nos produtos de apoio
  3. Asesoramento na normativa de accesibilidade
  4. Orientación educativa e académica
  5. Orientación na introdución de novos usuarios/as
  6. Apoio psicosocial a persoas xordas e familias

Servizo Educativo

A AXF desenvolve accións educativas a prol da capacitación do colectivo xordo e incremento da súa autonomía, así como, promovendo a Lingua de Signos na comunidade.

  1. Cursos de Alfabetización e Lectoescritura
  2. Cursos de Lingua de Signos
  3. Formación ocupacional en habilidades para o emprego
  4. Formación do voluntariado
  5. Cursos de fotografía, curtametraxe, teatro, etc
  6. Charlas, conferencias e outros obradoiros para persoas xordas e persoas oíntes

Servizo de Asesoría Xurídica

O Servizo de Asesoría Xurídica facilita o acceso á xustiza das persoas xordas, promovendo a súa independencia a través da dotación das ferramentas necesarias para o acceso libre e igualitario ao sistema xurídico. Este servizo diríxise principalmente a persoas xordas e as súas familias; funciona a través dun convenio de colaboración co Gabinete MDG Abogados.

981 35 11 56

info@axferrolterra.org

Rúa Rubalcava, 65, 15402 Ferrol, A Coruña