Outras actividades

Culturais, deportivas, na natureza e de ocio

Un dos eixes fundamentais da entidade é o favorecemento da integración social e o empoderamento persoal a través da expresión artística, así como, o facilitamento para acceder a todo tipo de actividades grazas á proporción dun/dunha Intérprete en Lingua de Signos en actividades de teatro, visitas a museos, eventos deportivos, actividades na natureza, etc…

A AXF, deste xeito, fai partícipe a toda a comunidade, procurando a interacción de persoas xordas e oíntes, proporcionando os recursos necesarios para o desenvolvemento pleno duna programación de actividades culturais, deportivas, de convivencia e de turismo responsábel.

Sensibilización social

A necesidade de provocar unha reflexión na comunidade sobre a invisibilidade das persoas xordas, a loita na eliminación das barreiras de comunicación e a defensa da Lingua de Signos, esixe de actuacións específicas en materia de sensibilización social:

  1. Campañas de sensibilización en centros educativos.
  2. Campañas de sensibilización en asociacións de veciños, eventos, outras entidades.