Actividades deste mes de setembro

Actividades

Grazas á colaboración da Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, desenvolveuse un Obradoiro de Introdución á Lingua de Signos os días 13 e 14 de setembro, desde as 11:30 ás 13:30 horas no Local Social do Alto do Castiñeiro de Narón.

Así mesmo, a AXF asinará o Convenio de Colaboración con Enxendra Technologies SL para o acceso da asociación aos servizos de facturación electrónica e sinatura dixital, cuxo representante, Brais Méndez, asistirá este venres 15 ás 19:00 horas ao local da nosa entidade na Rúa Rubalcava 65. O mesmo venres ás 19:30 h no local da AXF, Iván Quiñoa, autor do libro de superación do cancro “Quiero vivir”, realizará unha charla aberta ao público.

Finalmente, co gallo da conmemoración do 10º aniversario do recoñecemento da Lingua de Signos en España, celébrase en Madrid o Día Internacional das Persoas Xordas; onde xente de toda Galiza asistirá a fin de semana do 29 de setembro aos actos organizados desde a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e as entidades asociadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *